O club Amio foi fundado o 21 de outubro de 1964, pero a comezos dos anos 60 xa un grupo de rapaces do barrio xuntábanse para disputar partidos contra os de outras parroquias próximas: Verdía, Sionlla, San Marcos, Cruceiro, Cancelas, ata o ano en que decidiron federarse para competir en torneos de carácter oficial (liga e copa da Federación Española de fútbol).
Na década dos 70 o Amio reluce con luz propia acadando de xeito consecutivo tres ligas e tres copas de modestos de Santiago. Foi unha época na que os afeccionados acudían masivamente aos partidos, sobre todo, naqueles de máxima rivalidade (San Miguel, Cruceiro e Victoria). Ademais destes éxitos tamén ten conquistados varios trofeos a deportividade.Tamén participou no campionato galego de afeccionados onde chegou ata as semifinais xogando contra equipos como o Muros, Dena ou os vigueses de Bouzas.
Nas categorías inferiores tense disputado algunha final de copa nas categorías de infantil e cadete e obtido algún título de liga, como no 1996, cando os xuvenís dirixidos por Manolo Brea proclamáronse con toda brillantez campións de liga e participaron na fase final de campións de toda Galicia.
Hoxe en día estanse conseguindo éxitos e títulos en varias das categorías inferiores, pero esto aínda non é historia, senón que é parte do presente do club.
Hoxe en día estanse conseguindo éxitos e títulos en varias das categorías inferiores, pero esto aínda non é historia, senón que é parte do presente do club.
Do Amio saíron xogadores que chegaron a xogar na 2ª división A ou B, como Manolo Antelo, Jorge Varela, Carlos Antelo, Luís Caneda , Jorge Antelo, este último foi traspasado ó At. de Madrid, o que supuxo unha inxección económica para o club.
Amio 1962 .Equipo do ano 1962 formado por (Arriba) M. Abucide, M. Boga, M. Becerra, Martín, M. Caneda, Chiño, J. Iglesias (Abaixo) J.M. Caneda, J. Antelo, Vilaseco, Eduardo e Pedro.
Amio 1964. Equipo de 1964 (Arriba) Becerra -Adestrador- Abucide, Martín Moreira, S. Becerra, Giao, J. Antelo, Puente e Vieiro (Abaixo) Rial, Pérez, Manuel, Rosa -Madriña- E. Antelo e Caneda.
Amio 1976. Integrantes do equipo que en 1976 se proclamou campión de liga e copa. (Arriba) Gonzalo, F. Caneda, Pedro, J. Mariño, Buján, E. Caneda, E. Fandiño, Santillana, Kubala e M. Seoane. (Abaixo) P. Guerra, Bahamonde, V. Caneda, Pérez, M. Puente, S. Torres e Nicasio.
O CAMPO DO SERGAS
O 29 de xullo do ano 1996 o Concello de Santiago e a Consellería de Economía e Facenda asinaron un convenio de cooperación urbanística no que por unha banda o Concello cede os terreos do antigo hospital de San Lázaro e a cambio, a Xunta comprometese a financiar a construción dun campo de fútbol nos terreos que quedan entre o edificio do Sergas e a rúa Penamaría, para uso e disfrute da parroquia de San lázaro.
________
En 2014 celebramos as nosas bodas de ouro deportivas con todos vos.
Queremosvos dar as gracias a todos aos que colaborachedes durante este medio seculo para que o Amio seguise competindo, xogadores, adestradores, directivos, socios, patrocinadores, etc…
Gracias a todos.