inicio

AMIO: SEMPRE EN GALEGO
_________________________________________________
Coma sempre na pestaña dos modestos tes a crónica do que aconteceu no partido do domingo contra o Zona Vella.
__________________________________________________

Queremos agradecer aos que colaboraron durante todos estes anos para que o Amio seguise competindo, xogadores, adestradores, directivos, socios, patrocinadores, etc…
Relación dos membros da Xunta Directiva:
Presidente: D. José Manuel Iglesias Varela.
Vicepresidente: D. Manuel Puente Liste.
Tesoureiro: D. José Amancio Pena Torreira.
Secretario: D. Jorge Antelo Villamor.
Vocal: D. Avelino Penas Villamor.
Vocal: D. Javier Fernández Casal.
Vocal: D. Carlos Presedo García.
Vocal: D. Francisco Javier Budiño Vázquez.
Vocal: D. José Abel Prado.
UN POUCO DA HISTORIA DO AMIO SD
UN POUCO DA HISTORIA DO AMIO SD
O club Amio foi fundado o 21 de outubro de 1964, pero a comezos dos anos 60 xa un grupo de rapaces do barrio xuntábanse para disputar partidos contra os de outras parroquias próximas: Verdía, Sionlla, San Marcos, Cruceiro, Cancelas, ata o ano en que decidiron federarse para competir en torneos de carácter oficial (liga e copa da Federación Española de fútbol).
Na década dos 70 o Amio reluce con luz propia acadando de xeito consecutivo tres ligas e tres copas de modestos de Santiago. Foi unha época na que os afeccionados acudían masivamente aos partidos, sobre todo, naqueles de máxima rivalidade (San Miguel, Cruceiro e Victoria). Ademais destes éxitos tamén ten conquistados varios trofeos a deportividade.Tamén participou no campionato galego de afeccionados onde chegou ata as semifinais xogando contra equipos como o Muros, Dena ou os vigueses de Bouzas.
Nas categorías inferiores tense disputado algunha final de copa nas categorías de infantil e cadete e obtido algún título de liga, como no 1996, cando os xuvenís dirixidos por Manolo Brea proclamáronse con toda brillantez campións de liga e participaron na fase final de campións de toda Galicia.
Do Amio saíron xogadores que chegaron a xogar na 2ª división A ou B, como Manolo Antelo, Jorge Varela, Carlos Antelo, Luís Caneda , Jorge Antelo, este último foi traspasado ó At. de Madrid, o que supuxo unha inxección económica para o club.

Amio 1962 .Equipo do ano 1962 formado por (Arriba) M. Abucide, M. Boga, M. Becerra, Martín, M. Caneda, Chiño, J. Iglesias (Abaixo) J.M. Caneda, J. Antelo, Vilaseco, Eduardo e Pedro.

Amio 1964. Equipo de 1964 (Arriba) Becerra -Adestrador- Abucide, Martín Moreira, S. Becerra, Giao, J. Antelo, Puente e Vieiro (Abaixo) Rial, Pérez, Manuel, Rosa -Madriña- E. Antelo e Caneda.

Amio 1976. Integrantes do equipo que en 1976 se proclamou campión de liga e copa. (Arriba) Gonzalo, F. Caneda, Pedro, J. Mariño, Buján, E. Caneda, E. Fandiño, Santillana, Kubala e M. Seoane. (Abaixo) P. Guerra, Bahamonde, V. Caneda, Pérez, M. Puente, S. Torres e Nicasio.

MODESTOS

MODESTOS
Os nosos modestos son un equipo asiduo da liga local pero na tempada 2005-06 e da man de Varela acadaron o ascenso a 2ª autonómica nun épico partido diante do imbatible Lavacolla . Nesta categoría participamos durante dous anos ata que esta derradeira campaña os resultados non acompañaron e regresamos a nosa liga local.
Xogadores 2008-09. F. Javier Budiño, J. Antonio López, Fernando Rodríguez, Antonio Puente, Justo García, Rubén Raña, Javier Núñez, Iván Ares, David Antelo, Kike Fandiño, Esteban Tojo, Rubén Losada, Jesús González, Manuel Pena, Pablo Alonso, Francisco Figueiras, Adrián de la Torre, Jairo de la Torre, Kike Rios, Brais Sánchez, e algunha fichaxe de última hora.
Adestrador: Varela,
Fisioterapeuta; Miguel Fandiño
EQUIPO XUVENIL

EQUIPO XUVENIL
Levamos un par de tempadas en que nos esta custando atopar xogadores en idade xuvenil, pero a pesar de todo, os que temos cumpren dignamente tanto para os partidos como para os adestramentos. É de salientar que as primeiras xornadas da tempada 2007-08 só dispoñiamos de 10 fichas e alí estaban todos dispostos a defender as nosas cores, un feito digno de agradecerlle por todos nos. Pero pronto apareceron novas fichaxes ata chegar aos 16 xogadores. Nesta competición estabamos acostumados a xogar sempre nos campos de Santiago pero a Delegación da Federación Galega en Santiago, decidiu convertela nunha liga comarcal e temos que disputar encontros en lugares tan afastados como Rodeiro, Silleda...
Xogadores 2008-09: José M. Blanco, José L. Carballido, Juan J. García, Andrés Rodríguez, Javier Moreira, X. Iago Suárez, Goriz Fernández, Sebastián Souto, Alejandro Naveiro, Manuel Gil, Rubén Varela, Antonio Costa, Angel Iglesias, J. Ramón Varela, Elias Salvado, Miguel Martínez, Esteban Carballal, Manuel Casal.
Adestrador: Jorge Antelo Villamor
Delegado: Lino Penas
EQUIPO INFANTIL
EQUIPO INFANTIL
Facía moitos anos que o Amio non tiña representación nesta categoría ata que na tempada 2006-07, Javier Fernández, encargado das categorías inferiores, contactou cun grupo de amigos que levaban anos xogando xuntos a fútbol sala e noutros equipos de fútbol e decidiron virse para o Amio. Así inscribimos o equipo na Delegación de fútbol para a tempada 2007-08 e comezou unha nova andaina do Amio con infantís.
Neste grupo contabamos ca participación do actor Alex Neira famoso pola súa interpretación na serie da TVG “Libro de Familia”.
Xogadores 2008-09; Manel Botana, Pedro Cabanelas, Javier de la Iglesia, Carlos Fayé, Hugo Gendra, Héctor González, Pablo Moure, Fran Dopazo, Alejandro Andrade, David Antelo, Fran García, Manuel Liste, Miguel Montero, Martín Becerra, Manuel Borrazas,
Adestrador Kuki, Delegados, Joaquín García

EQUIPO ALEVIN FÚTBOL7

EQUIPO ALEVIN FÚTBOL7
Nos comezos da última tempada vímonos obrigados a inscribir un segundo equipo na categoría de alevíns debido a grande cantidade de xogadores da que dispoñiamos, un feito que nos coloca a altura dos grandes equipos da cidade en número de equipos, pero o que mais chama a atención e que todo isto sucede sen que teñamos instalacións propias e dispoñendo só dunha tarde a semana no campo municipal de As Cancelas.
A recentemente finalizada tempada deparounos un derbi entre os dous nosos equipos do que saíu vencedor o de segundo ano, un ano nesta categoría vale moito, e finalmente acadou o primeiro posto da táboa clasificatoria, mentres os de primeiro ano quedaron pola metade da táboa polo que apuntan a unha campaña actual mais ca prometedora.
Xogadores 2008-09: Sergio Rodríguez, Esteban Antelo, Carlos Álvarez, Dario Moure, Daniel Vera, Alex Regueiro, Dario Rey, Carlos Carbalho, Maxi Sequeira, Victor García, Alejandro Fernández, Alfredo Rodríguez, Sandro Presedo, Adrián Varela, Borja Oliveira, Airas Vázquez, Cristian Martínez, Daniel Iglesias, Jacobo Senande, Fran León, Brais Conde, Martín López, Gabriel Arijón, Alejandro Bolón, Carlos Lugo, Javier Camino, Mauro Antelo, Anxo Cañete,
Adestradores: Javier Cañete e José Abel
Delegados; Santiago Casal e Carlos Presedo
EQUIPO BENXAMÍN FÚTBOL7

EQUIPO BENXAMÍN FÚTBOL7
Ao igual que sucedeu cos Alevíns tivemos que inscribir dous equipos, un de primeiro ano e outro de segundo, quedando mais ou menos polo medio da clasificación final.
Xogadores 2008-09: Brais González, Rubén Botana, Sergio Mosquera, Miguel A. Donado, Xabier Fernández, Julián Villamor, Carlos González, Daniel García, Daniel Iglesias, Diego Rodríguez, Martín Parente, Noel Ramos,Daniel Santana, Ismael Botana, Javier Budiño, Damian Antelo, Alejandro Limens, Elian Iglesias, Jacobo Seoane, Salomé Bermúdez, Manuel Taboada, Iván Lorenzo, Pablo Vicente.
Adestradores: Nano Iglesias, José Ramón Mosteiro
Delegados: Fco. Javier Budiño e Javier Fernández
ASCENSO A 2ª AUTONOMICA
ASCENSO A 2ª AUTONOMICA
O 7 de maio do ano 2006 acadamos o ascenso a 2ª división rexional, agora denominada 2ª autonómica, foi despois dunha tempada na que nos xogamos todo no derradeiro partido contra o mellor equipo da categoría, o Lavacolla, equipo este xa campión e que gañara todos os partidos disputados ata ese momento batendo rexistros case inimaxinables. O caso e que o Amio necesitaba polo menos empatar, tarefa complicada visto o potencial do rival, pero despois dun partido o bordo dun ataque de nervos chegou o asubío final co resultado inicial de 0-0, polo tanto acompañaríamos ó Lavacolla no camiño dunha nova categoría.
A celebración tivo lugar nada mais finalizar o encontro sobre o mesmo campo de Nemenzo e con bombas de palenque e paseo polo barrio acompañando ós xogadores que viaxaban a bordo dun “transporte descapotable” moi particular.

TORNEO DE FUTBOL 7 ALEVIN EN VILA DE CRUCES “GALO CUP 2008”

En Maio de 2008 acudimos como invitados o torneo organizado polo club Cruces e denominado “Galo cup”. Participaron 16 equipos de toda Galicia e norte de Portugal cun total de 200 nenos. A primeira fase disputouse o domingo 25 de maio e conseguiron o pase á fase final os seguintes equipos: Villestro, Sporting Estrada, At. Melide, Cruces, EF Lalín, Silleda, Carreira e Amio. O domingo día 1 de xuño celebrouse a fase final proclamándose campión o Villestro, o noso equipo, despois de acceder as semifinais, logrou un meritorio cuarto posto.
PARTIDO EXIBICION NO DESCANSO DO PARTIDO DO AUTOS LOBELLE.

Na segunda tempada do Autos Lobelle de Santiago na máxima categoría do fútbol sala nacional, fomos invitados a participar durante o descanso, dun partidillo entre os nosos rapaces. Polo que dividímolos en dous e Pinaque e Angel encargáronse de dirixilos e disfrutar dun fabuloso pavillón con milleiros de persoas que acudiron a ver o Autos Lobelle de Santiago.
CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIONS AUTONÓMICAS FEMININAS SUB 25.

Este campionato celebrou unha fase clasificatoria para as finais en Santiago de Compostela durante os días 23 e 24 de febreiro de 2008. A delegación de Santiago da Federación Galega de Fútbol pediulle ao noso club voluntarios entre os xogadores alevíns para facer de recollepelotas durante os partidos que se disputarían en Santa Isabel e As Cancelas, polo que alí estivemos representados por: Alejandro, Sandro, Félix,Maxi, Alex Fdez., Xacobe, Sergio e Brais.
PARTICIPAMOS NA COMPOSTELA CUP

PARTICIPAMOS NA COMPOSTELA CUP
A Fundación Compostela Deporte organizou no mes de xuño e de xullo a cuarta edición do prestixioso torneo Compostela Cup do Camiño, no que conflúe o mellor fútbol base galego, nacional e estranxeiro. Aquí xa temos inscrito o noso nome como campión, pois no ano 2006 gañamos na categoría sub 15 de fútbol e no 2007 en fútbol sala sub 7, equipo este que no 2008 disputou a final de fútbol 7 na categoría sub 9 contra o UD Sta. Mariña de Vigo no estadio municipal de San Lázaro con moito público nas bancadas. Pero como mostra da boa labor que estamos a facer, a Compostela Cup do Camiño 2008, premiou a dous dos nosos: Alejandro Limens como mellor xogador sub 8 e a Ramón Vicente Mosteiro como mellor adestrador.
En resumo, é un torneo que ofrece aos competidores unha experiencia enriquecedora polo intercambio de ideas, valores, culturas...pois comparten torneo con equipos de Portugal, outras comunidades e incluso algún outro país europeo e isto fai que axude ó desenvolvemento persoal dos nosos deportistas.
A AFECCIÓN
A AFECCIÓN
Se algo ten o Amio SD son os seus afeccionados, diriamos que os mellores que hai en Santiago na categoría de modestos. Temos un grupo de rapaces e rapazas que durante todo o partido non deixan de animar con diversos instrumentos musicais e uns cánticos de colleita propia que incluso chegaron a publicar nun CD. Son como os seareiros do Liverpool conseguen que o Amio “Never walk alone” (“Nunca camiñaran sós”)

O DERBI ALEVÍN
O DERBI ALEVÍN
Na tempada 2007-08 presentamos dous equipos na categoría alevín de fútbol 7 debido a cantidade de xogadores da que dispoñiamos naquel momento, polo que na segunda fase da liga o calendario decidiu que nos enfrontaramos o 16 de febreiro do 2008. Foi un partido con abundante público e bo xogo que tivo como vencedor o equipo de segundo ano, o que é normal tendo en conta que son un ano maiores. O feito de enfrontarse dous equipos do noso club en competición oficial é un fito histórico e considerámolo como a festa do fútbol do Amio.

NACHO

NACHO, UN GRAN XOGADOR QUE COLABOROU CON NOS
Nacho é un grande xogador de fútbol que desenvolve a súa actividade polos campos da 3ª galega e 2ª división B. Defendeu as cores do Montañeros de Coruña e do Negreira. Durante a tempada 2006-07 foi adestrador dos nosos alevíns en compaña do seu amigo Jesús, feito polo que o Amio lles estará sempre agradecido.
VERONICA BOQUETE

VERONICA BOQUETE
Verónica é natural de Amio, xa desde pequena practicaba o fútbol igual que seu irmá e seu pai, este formou parte do equipo do Amio que gañou liga e copa no ano 1976.
“Vero” ,con só 16 anos, foi internacional con España e campioa de Europa 2004 de seleccións sub 19, nese mesmo ano participou no Mundial de Tailandia onde foi escollida pola FIFA como unha das 18 mellores. Con 17 anos debutou coa selección española absoluta.
Dirixiu os nosos prebenxamíns durante varias tempadas, logo a súa profesión alonxouna de Santiago para triunfar primeiro en Zaragoza e agora no Español de Barcelona na máxima categoría do fútbol feminino español.
TAMAR NOVÁS
TAMAR NOVÁS; UN PREMIO GOYA XOGANDO NO AMIO SD
Transcorría a tempada 2004-05 e no equipo xuvenil había unha estrela do celuloide, era Tamar Novás, gañador dun premio Goya ese mesmo ano e que como declarou ao xornal El Correo Gallego; “Vestindo a camiseta do Amio escapo por unhas horas da fama tan agradable pero turbadora en ocasións. As veces recoñécenme en algún campo pero moito menos que na rúa. En Amio somos un grupo de amigos e este ano estámolo facendo bastante ben e a min gústame xogar ao fútbol para que todo o que pasei non se me subira a cabeza”

OS VETERANOS
OS VETERANOS
O Amio foi un dos equipos precursores do nacemento da Agrupación de Deportistas Veteranos. A primeiros dos anos 70 o que fora presidente do club de fútbol e dos veteranos D. Manuel Torres, reuníase con outros delegados de equipos de veteranos que tiñan en mente un proxecto que consistía en dar a luz a unha competición só para maiores de 30 anos. Entón xunto con Chapistería Compostela, Rosalía, Restaurante Crespo, Peña Navegante e Peña Universo crean a liga de fútbol para veteranos.
O Amio de Veteranos tivo a fortuna de disputar dúas finais ainda que o resultado foi adverso; a primeira delas, a primeiros dos 90 en Conxo contra o Boqueixón na que caeu cun apertado 3 - 2 e cunha mais que discutible actuación arbitral.
A segunda, o 27 de Maio de 2004 en Santa Isabel na que desde o asubío inicial o todopoderoso Maderas Ramos levou a iniciativa e foi xusto vencedor.

HOMENAXE AO SR. TORRES
HOMENAXE AO SR. TORRES
En xuño de 2002 o club mais os veteranos rendemos un homenaxe póstumo ao que fora durante moitos anos presidente das dúas entidades: o Sr. Manuel Torres. O sábado 1 de xuño reunímonos no campo municipal de As Cancelas todos aqueles veteranos que defenderon a camisola do Amio mais os modestos e despois dos discursos dos concelleiros Carlos Nieves e Bernardino Rama, xogamos un partido de fútbol e ao finalizar asistimos a unha misa na súa honra.

O CAMPO DO SERGAS
O CAMPO DO SERGAS
O 29 de xullo do ano 1996 o Concello de Santiago e a Consellería de Economía e Facenda asinaron un convenio de cooperación urbanística no que por unha banda o Concello cede os terreos do antigo hospital de San Lázaro e a cambio, a Xunta comprometese a financiar a construción dun campo de fútbol nos terreos que quedan entre o edificio do Sergas e a rúa Penamaría, para uso e disfrute da parroquia de San lázaro.
Na actualidade, ano 2008, os terreos seguen igual que hai doce anos. Desde o Concello aseguran que a obra está licitada e que en breve comezará a construción (¿?), din que hai que esperar a que Fenosa soterre a liña de alta tensión e saque a torreta e...en fin paciencia. Pode que algún día o proxecto sexa unha realidade ainda que os equipos do barrio -Amio SD e Victoria CF- sexamos pesimistas.

FESTA FIN DE TEMPADA DOS NENOS
FESTA FIN DE TEMPADA DOS NENOS
É unha costume adquirida dende o primeiro ano que tivemos equipo de rapaces pequenos. Cada ano no mes de xuño facemos unha pequena festa para celebrar a fin da tempada e agasallar ós nosos cativos cunha merenda e algún que outro obsequio. Comezamos facéndoa no Camelot en Area Central no 2003, logo no restaurante do Cámping As Cancelas, despois no Faladoiro...e finalmente organizámola no noso local social e como xa somos moitos e non cabemos todos xuntos, facémola en dúas quendas. Nas primeiras celebracións faciamos a foto de familia onde tiñan cabida ademais dos nenos, os pais, adestradores e directivos, pero hoxe en día xa non collemos e deixamos sós aos verdadeiros protagonistas. Despois da merenda facemos unha entrega de medallas e trofeos para cada un como recordo da tempada. Os que levan con nos desde o primeiro ano deben ter unha boa colección, como e o caso de Manuel Liste, David Antelo e Miguel Montero.

FESTA FIN DE TEMPADA NA CANTEIRA
FESTA FIN DE TEMPADA NA CANTEIRA
Ao finalizar a tempada 2005 a Xunta Directiva decidiu organizar unha festa para toda a familia do Amio SD, desde os xogadores ata os socios, colaboradores, simpatizantes etc...Entón contratamos a un dos mellores polbeiros de Galicia “Pulpería Guerra” para que preparara unha cea a base de polbo e churrasco, e para que non faltara nada tamén contamos cun grupo musical para amenizar a sobremesa. Antes, pola tardiña, estivemos xogando no Estadio de San Lázaro II, onde participaron desde os pequenos ata os veteranos.
Na festa de xuño de 2006 o club decidiu render un merecido homenaxe a Sra Trini por tanto que leva axudado ao club, e a Fco. Javier Budiño “o gran capitán” por levar mais de 25 anos consecutivos defendendo as nosas cores.
No ano 2008 faltamos á cita polo escaso orzamento co que contabamos, cousa que fixo inviable unha nova edición, pero tal vez nun futuro...

PRIMEIRO EQUIPO DE FÚTBOL SALA
PRIMEIRO EQUIPO DE FÚTBOL SALA
Foi polo mes de outubro de 2002 cando vendo que había moitos rapaces/as nunha mesma idade, e que lles gustaba o fútbol, decidimos anotalos na liga que organiza a Agrupación de Deportistas Veteranos, desde entón, sempre tivemos representación no fútbol sala das categorías inferiores de Santiago. Tres daqueles xogadores mantivéronse ano tras ano no club: Miguel Montero, David Antelo e Manuel Liste que agora xa son infantís e outros/as como Adrián Varela e Alba Cores regresaron esta tempada.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)